Científicos das universidades Johns Hopkins (Baltimore) e Nebraska detectaron inesperadamente que a presenza de ACTV-1 se asocia cunha disminución modesta, pero medible, no funcionamento da capacidade de adquirir coñecementos das persoas.
Para o estudo tomaron mostras das gorxas (orofarinxes) dalgúns individuos e logo mediron as súas capacidades cognitivas. Escolleron mostras de superficies mucosas humanas porque estas conteñen variedade de microorganismos. Sen embargo, os efectos biolóxicos dos mesmos son, en gran medida, descoñecidos, polo que os investigadores seleccionaron participantes sans para o proxecto, ou que, polo menos, non tivesen un diagnóstico de males psiquiátricos. Finalmente, os autores da investigación atoparon a presenza de ATCV-1 nas mostras da gorxa de 40 de 92 individuos analizados.
Segundo os resultados, as persoas que portaban o virus mostraban un coeficiente intelectual máis baixo que os participantes que non o tiñan. Ademais, presentaban alteracións na súa capacidade de discerñimento, menor conciencia espacial e problemas de atención. Ao parecer, unha das motivacións do estudo foi que o clorovirus se encontrara no tecido cerebral dalgúns cadáveres humanos, pero non se lograra establecer se a infección acontecera antes ou despois da morte.
Co fin de corroborar os resultados, os investigadores levaron a cabo o experimento de introducir o clorovirus no tracto intestinal de 9 a 11 semanas de idade. Estes concluíron que os animais que foran infectados tiveron menos habilidades cognitivas, memoria de recoñecemento e capacidade motriz, que os demais. Ademais, o virus afectou ao hipocampo, área comprometida coa aprendizaxe e a formación da memoria. Polo que parece, o ATCV-1 afecta á corteza cerebral e, mediante un proceso de inflamación ou de acción directa, pode alterar, lentificar ou trastornar temporalmente o curso do pensamento.
