Trátase da terceira nave máis veloz xamais construída polo home, a cal viaxa a unha velocidade de 54.000 km/h para alcanzar o seu obxectivo o 15 de xullo de 2015. Esta rapidez pódese apreciar, por exemplo, na súa chegada á órbita da Lúa en 9 horas, á altura de Marte en dous meses e medio, cando o normal é tardar 9 meses, e o seu acercamento a Xúpiter case un ano despois do seu lanzamento, do cal saíu beneficiada, xa que o campo gravitatorio do planeta máis grande do Sistema Solar lle proporcionou unha velocidade maior da que levaba cando partíu da Terra.
Actualmente, a sonda xa debería ter saído do seu estado de hibernación (exactamente, o pasado sábado 6 de decembro, ás 8:00 GMT), no cal estivo somerxida case toda a viaxe co propósito de non gastar a enerxía necesaria para realizar as investigacións, a excepción de dúas activacións anuais para revisar os sistemas críticos, calibrar instrumentos, recompilar datos científicos, ensaiar actividades para o encontro con Plutón e realizar correccións de rumbo cando era necesario.

http://www.abc.es/ciencia/20141207/abci-horizons-despierta-pluton-201412062139.html
http://www.abc.es/ciencia/20140610/abci-sonda-horizons-aproxima-pluton-201406091746.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario