Hoxe, venres 20 de marzo, rexistrouse a primeira eclipse total de Sol de 2015, visible nas illas Feroe en Escocia, no Atlántico setentrional e nas illas Svalbard de Noruega, no océano Ártico. O norte de Europa disfrutou hoxe dunha privilexiada eclipse solar e uns poucos miles de persoas puideron observar durante un par de minutos o fenómeno completo desde o arquipélago noruego de Svalbard, mentres que as nubes empañaron parcialmente a experiencia nas illas Feroe.
A atención á eclipse foi tamén grande en Escandinavia, onde a Lúa chegou ao 90% da superficie total do disco solar nalgúns puntos, aínda que a visibilidade estivo suxeita ás condicións climáticas.
En Alemania foron tamén moitas persoas as que se sumaron á observación do ceo en actos organizados ou en espontáneas reunión nos parques, aínda que as nubes desluciron o espectáculo no seu extremo máis setentrional, onde a Lúa cubriu ata o 83% do Sol.
Moito se especulara coa posibilidade de que durante a eclipse se rexistraran apagóns no país, e as principais empresas xestoras das redes de distribución de enerxía mostraron a súa satisfacción tras superar a proba sen problemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario