sábado, 29 de noviembre de 2014

O escudo invisible que protexe á Terra ao estilo "Star Trek"

  Descubren un escudo invisible situado a 11.587 km da Terra, capaz de protexer ao noso planeta dos chamados "electróns asasinos" durante as tormentas solares.


  Os universos de Star Trek e Stargate imaxinaron unha tecnoloxía capaz de crear escudos protectores artificialmente. Pero a Terra non precisou da tecnoloxía da Flota Estelar nin da raza Asgard, pois parece ter xerado de forma natural un caparazón invisible. Sen embargo, os científicos aínda descoñecen a orixe deste fenómeno, pois considérano contraposto á maneira na que as partículas adoitan actuar nos sistemas astrofísicos.
  O escudo en cuestión atópase a uns 11.587 km da Terra, no interior dos cinturóns Van Allen, dous aneis de electróns e protóns de alta enerxía con forma de donut, descubertos polo profesor James Van Allen en 1958, que se atopan a máis de 40.000 km sobre a superficie da Terra. Estos cinturóns de radiacón expándense e contráense en resposta ás perturbacións de enerxía procedentes do Sol.
  O descubrimento levouse a cabo polo equipo de astrofísicos dirixido pola Universidade de Colorado Bourdel, os cales relataron o suceso como algo desconcertante, pois segundo contan, era coma se os electróns, unhas partículas subatómicas que chegan desde o Sol á Terra como unha choiva de proxestís electromagnéticos, viaxando incluso a velocidades cercanas á da luz e ameazando con danar aos astronautas, aos satélites e aos sistemas espaciais, se estampasen nunha parede de cristal no espazo.
  O equipo de Baker (antigo alumno de Van Allen) non se atopou coa barreira por casualidade, senón que levavan tempo analizando a zona. Os aneis de Van Allen foron o primeiro descubrimento importante da era espacial, e desde 2013, Baker dirixe unha investigación para atopar o terceiro cinturón "de almacenamento" entre os dous xa descubertos, analizando as medicións do Telescopio de Relatividade de Electróns e Protóns (REPT) das sondas xemelgas de Van Allen, lanzadas pola NASA en 2012, as cales axudan aos científicos a estudar qué procesos aceleran as partículas a case a velocidade da luz.


  Ao intentar atopar unha explicación razoable, os astrofísicos pensaron nun primeiro momento que os electróns altamente cargados, que dan a volta á Terra a 160.934 km/s, podían ser frenados na atmosfera superior e paulatinamente aniquilados ao entrar en contacto coas moléculas do aire. Pero isto non podía ser así, pois segundo Baker, a barreira observada polas sondas dos cinturóns Van Allen son capaces de deter aos electróns moito antes de que consigan chegar á atmosfera. Outra das posibilidades que xurdiu foi se se podía ter xerado pola influencia das liñas do campo electromagnético da Terra, e incluso apuntaron ás ondas de radio dos transmisores humanos, preguntándose se estas podían dispersar ós electróns, impedindo deste xeito que continuasen coa súa traxectoria. Sen embargo, estas ideas foron descartadas por Baker, pois considera que carecen de fundamento científico.
  A explicación máis coherente é a da influencia da plasmafera, unha xigantesca nube de gas frío que comeza a 965 km da Terra e que se estende ao longo do cinturón Van Allen exterior. Esta podería estar dispersando ós electróns con baixa frecuencia na barreira, de forma que as ondas electromagnéticas crearían un "silbido" plasmaférico que produciría un son semellante ao ruído branco nun altavoz, aínda que o natural sería que algúns electróns conseguisen atravesar a barreira e outros non. Pero neste caso, ningún logra pasar, quedando así a explicación á súa orixe descoñecida polo momento.
 De todos modos, e tendo en conta a explicación do astrónomo Rafael Bachiller (director do Observatorio Astrnómico Nacional), se estas partículas alcanzasen a superficie terrestre serían potencialmente perigosas, tanto para os seres vivos como para os sofisticados equipos electrónicos sobre os que repousa a nosa civilización, polo que a aparición desta barreira non deixa de fascinalo, ao ver como a natureza fai deste planeta un oasis privilexiado para que a vida prospere.