lunes, 15 de diciembre de 2014

O virus da estupidez

  Por primeira vez, un grupo de investigadores en Estados Unidos descubriu que o virus ACTV-1 (clorovirus), que ata agora só se atopara en algas, e que algúns clasifican como culpable do que chamamos "estupidez", tamén é capaz de contaxiar aos seres humanos.
  Científicos das universidades Johns Hopkins (Baltimore) e Nebraska detectaron inesperadamente que a presenza de ACTV-1 se asocia cunha disminución modesta, pero medible, no funcionamento da capacidade de adquirir coñecementos das persoas.
  Para o estudo tomaron mostras das gorxas (orofarinxes) dalgúns individuos e logo mediron as súas capacidades cognitivas. Escolleron mostras de superficies mucosas humanas porque estas conteñen variedade de  microorganismos. Sen embargo, os efectos biolóxicos dos mesmos son, en gran medida, descoñecidos, polo que os investigadores seleccionaron participantes sans para o proxecto, ou que, polo menos, non tivesen un diagnóstico de males psiquiátricos. Finalmente, os autores da investigación atoparon a presenza de ATCV-1 nas mostras da gorxa de 40 de 92 individuos analizados.
  Segundo os resultados, as persoas que portaban o virus mostraban un coeficiente intelectual máis baixo que os participantes que non o tiñan. Ademais, presentaban alteracións na súa capacidade de discerñimento, menor conciencia espacial e problemas de atención. Ao parecer, unha das motivacións do estudo foi que o clorovirus se encontrara no tecido cerebral dalgúns cadáveres humanos, pero non se lograra establecer se a infección acontecera antes ou despois da morte.
  Co fin de corroborar os resultados, os investigadores levaron a cabo o experimento de introducir o clorovirus no tracto intestinal de 9 a 11 semanas de idade. Estes concluíron que os animais que foran infectados tiveron menos habilidades cognitivas, memoria de recoñecemento e capacidade motriz, que os demais. Ademais, o virus afectou ao hipocampo, área comprometida coa aprendizaxe e a formación da memoria. Polo que parece, o ATCV-1 afecta á corteza cerebral e, mediante un proceso de inflamación ou de acción directa, pode alterar, lentificar ou trastornar temporalmente o curso do pensamento.

  Por outra parte, o clorovirus non é o único que causa este tipo de efectos en quenes o contraen. De feito, calquera que ataque o sistema nervioso central dos seres humanos pode ocasionar ditos efectos cognitivos, como, por exemplo, o virus do herpes.  http://www.elmundo.es/espana/2014/11/16/5467aaf2ca4741a1378b4583.html

viernes, 12 de diciembre de 2014

Despertar da sonda New Horizons na súa viaxe hacia Plutón

  A sonda New Horizons, lanzada pola NASA o 19 de xaneiro de 2006 co obxectivo de investigar Plutón, o único "planeta" do Sistema Solar que aínda non foi visitado por unha nave terrrestre, está a piques de chegar ao seu destino despois de 9 anos e máis de 2.900 millóns de km percorridos.
  Trátase da terceira nave máis veloz xamais construída polo home, a cal viaxa a unha velocidade de 54.000 km/h para alcanzar o seu obxectivo o 15 de xullo de 2015. Esta rapidez pódese apreciar, por exemplo, na súa chegada á órbita da Lúa en 9 horas,  á altura de Marte en dous meses e medio, cando o normal é tardar 9 meses, e o seu acercamento a Xúpiter case un ano despois do seu lanzamento, do cal saíu beneficiada, xa que o campo gravitatorio do planeta máis grande do Sistema Solar lle proporcionou unha velocidade maior da que levaba cando partíu da Terra.
  Actualmente, a sonda xa debería ter saído do seu estado de hibernación (exactamente, o pasado sábado 6 de decembro, ás 8:00 GMT), no cal estivo somerxida case toda a viaxe co propósito de non gastar a enerxía necesaria para realizar as investigacións, a excepción de dúas activacións anuais para revisar os sistemas críticos, calibrar instrumentos, recompilar datos científicos, ensaiar actividades para o encontro con Plutón e realizar correccións de rumbo cando era necesario.

  O obxectivo da misión é, principalmente, investigar Plutón mediante a toma de diversas fotografías, pois non chegará a pousarse sobre a súa superficie. A máxima aproximación terá lugar á distancia de 12.450 km, para logo sobrevoar a Caronte, o maior dos seus 5 satélites coñecidos. Logo disto, a nave pasará de largo (pois non orbitará arredor do planeta) para realizar estudos, entre 2015 e 2020, dalgúns obxectos do cinturón de Kuiper, un lugar dominado pola gran cantidade de asteroides, cometas e planetas ananos, todos eles xeados ao estár sometidos a temperaturas de 230ºC baixo cero.

http://www.abc.es/ciencia/20141207/abci-horizons-despierta-pluton-201412062139.html
http://www.abc.es/ciencia/20140610/abci-sonda-horizons-aproxima-pluton-201406091746.html