lunes, 15 de diciembre de 2014

O virus da estupidez

  Por primeira vez, un grupo de investigadores en Estados Unidos descubriu que o virus ACTV-1 (clorovirus), que ata agora só se atopara en algas, e que algúns clasifican como culpable do que chamamos "estupidez", tamén é capaz de contaxiar aos seres humanos.
  Científicos das universidades Johns Hopkins (Baltimore) e Nebraska detectaron inesperadamente que a presenza de ACTV-1 se asocia cunha disminución modesta, pero medible, no funcionamento da capacidade de adquirir coñecementos das persoas.
  Para o estudo tomaron mostras das gorxas (orofarinxes) dalgúns individuos e logo mediron as súas capacidades cognitivas. Escolleron mostras de superficies mucosas humanas porque estas conteñen variedade de  microorganismos. Sen embargo, os efectos biolóxicos dos mesmos son, en gran medida, descoñecidos, polo que os investigadores seleccionaron participantes sans para o proxecto, ou que, polo menos, non tivesen un diagnóstico de males psiquiátricos. Finalmente, os autores da investigación atoparon a presenza de ATCV-1 nas mostras da gorxa de 40 de 92 individuos analizados.
  Segundo os resultados, as persoas que portaban o virus mostraban un coeficiente intelectual máis baixo que os participantes que non o tiñan. Ademais, presentaban alteracións na súa capacidade de discerñimento, menor conciencia espacial e problemas de atención. Ao parecer, unha das motivacións do estudo foi que o clorovirus se encontrara no tecido cerebral dalgúns cadáveres humanos, pero non se lograra establecer se a infección acontecera antes ou despois da morte.
  Co fin de corroborar os resultados, os investigadores levaron a cabo o experimento de introducir o clorovirus no tracto intestinal de 9 a 11 semanas de idade. Estes concluíron que os animais que foran infectados tiveron menos habilidades cognitivas, memoria de recoñecemento e capacidade motriz, que os demais. Ademais, o virus afectou ao hipocampo, área comprometida coa aprendizaxe e a formación da memoria. Polo que parece, o ATCV-1 afecta á corteza cerebral e, mediante un proceso de inflamación ou de acción directa, pode alterar, lentificar ou trastornar temporalmente o curso do pensamento.

  Por outra parte, o clorovirus non é o único que causa este tipo de efectos en quenes o contraen. De feito, calquera que ataque o sistema nervioso central dos seres humanos pode ocasionar ditos efectos cognitivos, como, por exemplo, o virus do herpes.  http://www.elmundo.es/espana/2014/11/16/5467aaf2ca4741a1378b4583.html

viernes, 12 de diciembre de 2014

Despertar da sonda New Horizons na súa viaxe hacia Plutón

  A sonda New Horizons, lanzada pola NASA o 19 de xaneiro de 2006 co obxectivo de investigar Plutón, o único "planeta" do Sistema Solar que aínda non foi visitado por unha nave terrrestre, está a piques de chegar ao seu destino despois de 9 anos e máis de 2.900 millóns de km percorridos.
  Trátase da terceira nave máis veloz xamais construída polo home, a cal viaxa a unha velocidade de 54.000 km/h para alcanzar o seu obxectivo o 15 de xullo de 2015. Esta rapidez pódese apreciar, por exemplo, na súa chegada á órbita da Lúa en 9 horas,  á altura de Marte en dous meses e medio, cando o normal é tardar 9 meses, e o seu acercamento a Xúpiter case un ano despois do seu lanzamento, do cal saíu beneficiada, xa que o campo gravitatorio do planeta máis grande do Sistema Solar lle proporcionou unha velocidade maior da que levaba cando partíu da Terra.
  Actualmente, a sonda xa debería ter saído do seu estado de hibernación (exactamente, o pasado sábado 6 de decembro, ás 8:00 GMT), no cal estivo somerxida case toda a viaxe co propósito de non gastar a enerxía necesaria para realizar as investigacións, a excepción de dúas activacións anuais para revisar os sistemas críticos, calibrar instrumentos, recompilar datos científicos, ensaiar actividades para o encontro con Plutón e realizar correccións de rumbo cando era necesario.

  O obxectivo da misión é, principalmente, investigar Plutón mediante a toma de diversas fotografías, pois non chegará a pousarse sobre a súa superficie. A máxima aproximación terá lugar á distancia de 12.450 km, para logo sobrevoar a Caronte, o maior dos seus 5 satélites coñecidos. Logo disto, a nave pasará de largo (pois non orbitará arredor do planeta) para realizar estudos, entre 2015 e 2020, dalgúns obxectos do cinturón de Kuiper, un lugar dominado pola gran cantidade de asteroides, cometas e planetas ananos, todos eles xeados ao estár sometidos a temperaturas de 230ºC baixo cero.

http://www.abc.es/ciencia/20141207/abci-horizons-despierta-pluton-201412062139.html
http://www.abc.es/ciencia/20140610/abci-sonda-horizons-aproxima-pluton-201406091746.html



sábado, 29 de noviembre de 2014

O escudo invisible que protexe á Terra ao estilo "Star Trek"

  Descubren un escudo invisible situado a 11.587 km da Terra, capaz de protexer ao noso planeta dos chamados "electróns asasinos" durante as tormentas solares.


  Os universos de Star Trek e Stargate imaxinaron unha tecnoloxía capaz de crear escudos protectores artificialmente. Pero a Terra non precisou da tecnoloxía da Flota Estelar nin da raza Asgard, pois parece ter xerado de forma natural un caparazón invisible. Sen embargo, os científicos aínda descoñecen a orixe deste fenómeno, pois considérano contraposto á maneira na que as partículas adoitan actuar nos sistemas astrofísicos.
  O escudo en cuestión atópase a uns 11.587 km da Terra, no interior dos cinturóns Van Allen, dous aneis de electróns e protóns de alta enerxía con forma de donut, descubertos polo profesor James Van Allen en 1958, que se atopan a máis de 40.000 km sobre a superficie da Terra. Estos cinturóns de radiacón expándense e contráense en resposta ás perturbacións de enerxía procedentes do Sol.
  O descubrimento levouse a cabo polo equipo de astrofísicos dirixido pola Universidade de Colorado Bourdel, os cales relataron o suceso como algo desconcertante, pois segundo contan, era coma se os electróns, unhas partículas subatómicas que chegan desde o Sol á Terra como unha choiva de proxestís electromagnéticos, viaxando incluso a velocidades cercanas á da luz e ameazando con danar aos astronautas, aos satélites e aos sistemas espaciais, se estampasen nunha parede de cristal no espazo.
  O equipo de Baker (antigo alumno de Van Allen) non se atopou coa barreira por casualidade, senón que levavan tempo analizando a zona. Os aneis de Van Allen foron o primeiro descubrimento importante da era espacial, e desde 2013, Baker dirixe unha investigación para atopar o terceiro cinturón "de almacenamento" entre os dous xa descubertos, analizando as medicións do Telescopio de Relatividade de Electróns e Protóns (REPT) das sondas xemelgas de Van Allen, lanzadas pola NASA en 2012, as cales axudan aos científicos a estudar qué procesos aceleran as partículas a case a velocidade da luz.


  Ao intentar atopar unha explicación razoable, os astrofísicos pensaron nun primeiro momento que os electróns altamente cargados, que dan a volta á Terra a 160.934 km/s, podían ser frenados na atmosfera superior e paulatinamente aniquilados ao entrar en contacto coas moléculas do aire. Pero isto non podía ser así, pois segundo Baker, a barreira observada polas sondas dos cinturóns Van Allen son capaces de deter aos electróns moito antes de que consigan chegar á atmosfera. Outra das posibilidades que xurdiu foi se se podía ter xerado pola influencia das liñas do campo electromagnético da Terra, e incluso apuntaron ás ondas de radio dos transmisores humanos, preguntándose se estas podían dispersar ós electróns, impedindo deste xeito que continuasen coa súa traxectoria. Sen embargo, estas ideas foron descartadas por Baker, pois considera que carecen de fundamento científico.
  A explicación máis coherente é a da influencia da plasmafera, unha xigantesca nube de gas frío que comeza a 965 km da Terra e que se estende ao longo do cinturón Van Allen exterior. Esta podería estar dispersando ós electróns con baixa frecuencia na barreira, de forma que as ondas electromagnéticas crearían un "silbido" plasmaférico que produciría un son semellante ao ruído branco nun altavoz, aínda que o natural sería que algúns electróns conseguisen atravesar a barreira e outros non. Pero neste caso, ningún logra pasar, quedando así a explicación á súa orixe descoñecida polo momento.
 De todos modos, e tendo en conta a explicación do astrónomo Rafael Bachiller (director do Observatorio Astrnómico Nacional), se estas partículas alcanzasen a superficie terrestre serían potencialmente perigosas, tanto para os seres vivos como para os sofisticados equipos electrónicos sobre os que repousa a nosa civilización, polo que a aparición desta barreira non deixa de fascinalo, ao ver como a natureza fai deste planeta un oasis privilexiado para que a vida prospere.
  
  


jueves, 9 de octubre de 2014

Erupción dunha anana vermella

  A NASA detecta a erupción solar máis quente e de maior duración dunha anana vermella.
  O telescopio espacial Swift da NASA detectou a erupción solar máis forte, máis quente e de maior duración vista nunha estrela anana vermella. Trátase dunha explosión de ata 10.000 veces máis potente cós datos rexistrados na maior chamarada solar detectada ata agora.
  Stephen Drake, un dos responsables da misión, indica: "Pensabamos que estos episodios en ananas vermellas non duraba máis dun día, pero Swift detectou a lo menos sete poderosas erupcións durante un período de arredor de dúas semanas". Drake apunta que, no seu pico, a bengala alcanzou temperaturas de 200 millóns de graos centígrados, máis de 12 veces máis quente có centro do Sol.
  A superchama veu dunha das estrelas nun sistema binario cerrado coñecido como DG CVn, situado a uns 60 anos luz de distancia. Ambas as dúas estrelas son ananas tenues, con masas e tamaños de arredor dun tercio do Sol. Están en órbita entre sien, aproximadamente, tres veces a distancia media da Terra ao Sol. Sen embargo, esta é moi pouca distancia para que Swift puidera determinar cal das dúas estrelas lanzou a chamarada. "Este sistema está pouco estudado, xa que non está nas listas de vixilancia de estrelas capaces de producir grandes chamaradas", apuntou outra funcionaria da NASA, Rachel Osten. "Non tiñamos idea do que había en DG CVn", recoñeceu.
  A maioría das estrelas que se atopan dentro duns 100 anos luz do Sistema Solar son coma o Sol, de mediana idade. Pero un millar de xóvenes ananas vermellas nacidas noutros lugares chegan ou atravesar a rexión á deriva. Para os astrónomos, estas estrelas son as que dan unha mellor oportunidade para o estudo detallado da actividade de alta enerxía que normalmente acompaña á xuventude estelar.
  Os astrónomos estiman que DG CVn naceu hai uns 30 millóns de anos, o que fai que sexa menos dun 0.7% da idade do Sistema Solar. 
  Este suceso tivo lugar ás 11:07 horas (hora española) do 23 de abril deste mesmo ano.
  



sábado, 4 de octubre de 2014

As células nai son prometedoras para os accidentes cerebrovasculares

  Unha terapia que emprega células nai extraídas da médula ósea dos pacientes mostrou resultados prometedores no primeiro ensaio deste tipo nos seres humanos.
  O estudo clínico realizouse en cinco pacientes que recibiron o tratamento realizado por un grupo multidisciplinado de médicos do Imperial College Healthcare NHS Trust e por científicos do Imperial College de Londres.
  A terapia emprega un tipo de célula chamada CD34+, un conxunto de células nai da médula ósea que dan lugar ás células sanguíneas e células de revestimento dos vasos sanguíneos. A investigación anterior demostrara que o tratamento utilizando estas células pode mellorar significativamente a recuperación da apoplexía en animais. En lugar de converterse en células cerebrais por si mesmas, crese que as células liberan substancias químicas que desencadean o crecemento do novo texido cerebral e vasos sanguíneos novos na zona dañada polo derrame cerebral.
  Os pacientes foron tratados dentro dos sete días dun grave ataque de apoplexía, a diferenza doutros ensaios con células nai, a maioría dos cales trataron ós pacientes despois de seis meses ou máis tarde. Os investigadores cren que un tratamento precoz pode mellorar as posibilidades dunha mellor recuperación.
  Catro dos cinco pacientes tiñan o tipo máis grave de accidente cerebrovascular: só o 4% das persoas que experimentan este tipo de accidente cerebrovascular viven con independencia seis meses despois. No estudo, os catro pacientes estaban vivos e tres eran totalmente independentes despois de seis meses.
  Os descubrimentos aparecen publicados na revista Stem Cells Traslational Medicine e é o primeiro estudo en humanos do Reino Unido dun tratamento con células nai en pacientes con accidentes cerebrovasculares agudos.