sábado, 4 de octubre de 2014

As células nai son prometedoras para os accidentes cerebrovasculares

  Unha terapia que emprega células nai extraídas da médula ósea dos pacientes mostrou resultados prometedores no primeiro ensaio deste tipo nos seres humanos.
  O estudo clínico realizouse en cinco pacientes que recibiron o tratamento realizado por un grupo multidisciplinado de médicos do Imperial College Healthcare NHS Trust e por científicos do Imperial College de Londres.
  A terapia emprega un tipo de célula chamada CD34+, un conxunto de células nai da médula ósea que dan lugar ás células sanguíneas e células de revestimento dos vasos sanguíneos. A investigación anterior demostrara que o tratamento utilizando estas células pode mellorar significativamente a recuperación da apoplexía en animais. En lugar de converterse en células cerebrais por si mesmas, crese que as células liberan substancias químicas que desencadean o crecemento do novo texido cerebral e vasos sanguíneos novos na zona dañada polo derrame cerebral.
  Os pacientes foron tratados dentro dos sete días dun grave ataque de apoplexía, a diferenza doutros ensaios con células nai, a maioría dos cales trataron ós pacientes despois de seis meses ou máis tarde. Os investigadores cren que un tratamento precoz pode mellorar as posibilidades dunha mellor recuperación.
  Catro dos cinco pacientes tiñan o tipo máis grave de accidente cerebrovascular: só o 4% das persoas que experimentan este tipo de accidente cerebrovascular viven con independencia seis meses despois. No estudo, os catro pacientes estaban vivos e tres eran totalmente independentes despois de seis meses.
  Os descubrimentos aparecen publicados na revista Stem Cells Traslational Medicine e é o primeiro estudo en humanos do Reino Unido dun tratamento con células nai en pacientes con accidentes cerebrovasculares agudos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario