viernes, 12 de diciembre de 2014

Despertar da sonda New Horizons na súa viaxe hacia Plutón

  A sonda New Horizons, lanzada pola NASA o 19 de xaneiro de 2006 co obxectivo de investigar Plutón, o único "planeta" do Sistema Solar que aínda non foi visitado por unha nave terrrestre, está a piques de chegar ao seu destino despois de 9 anos e máis de 2.900 millóns de km percorridos.
  Trátase da terceira nave máis veloz xamais construída polo home, a cal viaxa a unha velocidade de 54.000 km/h para alcanzar o seu obxectivo o 15 de xullo de 2015. Esta rapidez pódese apreciar, por exemplo, na súa chegada á órbita da Lúa en 9 horas,  á altura de Marte en dous meses e medio, cando o normal é tardar 9 meses, e o seu acercamento a Xúpiter case un ano despois do seu lanzamento, do cal saíu beneficiada, xa que o campo gravitatorio do planeta máis grande do Sistema Solar lle proporcionou unha velocidade maior da que levaba cando partíu da Terra.
  Actualmente, a sonda xa debería ter saído do seu estado de hibernación (exactamente, o pasado sábado 6 de decembro, ás 8:00 GMT), no cal estivo somerxida case toda a viaxe co propósito de non gastar a enerxía necesaria para realizar as investigacións, a excepción de dúas activacións anuais para revisar os sistemas críticos, calibrar instrumentos, recompilar datos científicos, ensaiar actividades para o encontro con Plutón e realizar correccións de rumbo cando era necesario.

  O obxectivo da misión é, principalmente, investigar Plutón mediante a toma de diversas fotografías, pois non chegará a pousarse sobre a súa superficie. A máxima aproximación terá lugar á distancia de 12.450 km, para logo sobrevoar a Caronte, o maior dos seus 5 satélites coñecidos. Logo disto, a nave pasará de largo (pois non orbitará arredor do planeta) para realizar estudos, entre 2015 e 2020, dalgúns obxectos do cinturón de Kuiper, un lugar dominado pola gran cantidade de asteroides, cometas e planetas ananos, todos eles xeados ao estár sometidos a temperaturas de 230ºC baixo cero.

http://www.abc.es/ciencia/20141207/abci-horizons-despierta-pluton-201412062139.html
http://www.abc.es/ciencia/20140610/abci-sonda-horizons-aproxima-pluton-201406091746.html



No hay comentarios:

Publicar un comentario