jueves, 9 de octubre de 2014

Erupción dunha anana vermella

  A NASA detecta a erupción solar máis quente e de maior duración dunha anana vermella.
  O telescopio espacial Swift da NASA detectou a erupción solar máis forte, máis quente e de maior duración vista nunha estrela anana vermella. Trátase dunha explosión de ata 10.000 veces máis potente cós datos rexistrados na maior chamarada solar detectada ata agora.
  Stephen Drake, un dos responsables da misión, indica: "Pensabamos que estos episodios en ananas vermellas non duraba máis dun día, pero Swift detectou a lo menos sete poderosas erupcións durante un período de arredor de dúas semanas". Drake apunta que, no seu pico, a bengala alcanzou temperaturas de 200 millóns de graos centígrados, máis de 12 veces máis quente có centro do Sol.
  A superchama veu dunha das estrelas nun sistema binario cerrado coñecido como DG CVn, situado a uns 60 anos luz de distancia. Ambas as dúas estrelas son ananas tenues, con masas e tamaños de arredor dun tercio do Sol. Están en órbita entre sien, aproximadamente, tres veces a distancia media da Terra ao Sol. Sen embargo, esta é moi pouca distancia para que Swift puidera determinar cal das dúas estrelas lanzou a chamarada. "Este sistema está pouco estudado, xa que non está nas listas de vixilancia de estrelas capaces de producir grandes chamaradas", apuntou outra funcionaria da NASA, Rachel Osten. "Non tiñamos idea do que había en DG CVn", recoñeceu.
  A maioría das estrelas que se atopan dentro duns 100 anos luz do Sistema Solar son coma o Sol, de mediana idade. Pero un millar de xóvenes ananas vermellas nacidas noutros lugares chegan ou atravesar a rexión á deriva. Para os astrónomos, estas estrelas son as que dan unha mellor oportunidade para o estudo detallado da actividade de alta enerxía que normalmente acompaña á xuventude estelar.
  Os astrónomos estiman que DG CVn naceu hai uns 30 millóns de anos, o que fai que sexa menos dun 0.7% da idade do Sistema Solar. 
  Este suceso tivo lugar ás 11:07 horas (hora española) do 23 de abril deste mesmo ano.
  



2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Moi boa entrada, moi interesante o tema, as distintas etapas da vida dunha estrela, centrándose nas ananas vermellas. E un tema de máxima actualidade: a búsqueda de super terras oceánicas, onde poderiamos vivir. Suxíroche que lle engadas algunhas ligazón. Polo demais, só recomendarche que sigas así.

    ResponderEliminar