Na vida, todos os comportamentos posibles resúmense en dous, segundo di a neurocientífica do Instituto Texnolóxico de Massachusetts Kay Tye: buscar pracer e evitar a dor. Para facelo e seguir vivo fai falta un cerebro capaz de almacenar memoria emocional, recordos malos e bos que nos din como actuar cando volvemos a atopar ameazas ou premios. Por agora é un misterio como diferentes redes de neuronas dentro do encéfalo se encargan de procesar toda esa información. Na busca dunha explicación, en equipo de neurocientíficos de EE UU analizou en directo o cerebro de ratóns que experimentaban dor ou pracer grazas a novas técnicas de neuroimaxe. Os resultados mostran que os circuitos cerebrais que controlan as experiencias positivas e negativas están conectados e poden anularse uns aos outros. As experiencias que xeneran dor non só serían malas por si mesmas, senón que ademais, debilitarían a capacidade para procesar novas sensacións agradables. Isto pode ter importantes implicacións para o estudo de trastornos como a ansiedade, a depresión ou a adicción a drogas que poderían orixinarse cando estas conexións se descompoñen.
O feito de que obtivesen unha instantánea deses dous entramados de neuronas en pleno funcionamento débese á introducción de moléculas fluorescentes no cerebro de ratóns que ben sufrían unhas pequenas descargas eléctricas ou recibían unha lambetada xusto despois de escoitar o son dunha alarma. Así puideron determinar que neuronas interveñen en cada un dos circuitos e, máis importante aínda, viron como estaban interconectados. Para comprobar como funciona cada un, o equipo de Tye empregou unha técnica moi novedosa coñecida como optoxenética e que permite activar ou desactivar unha parte do cerebro a vontade con luz. Iso permitiulles demostrar que cando se estimulan os circuitos que estimulan as experiencias pracenteiras, o circuito oposto bloquéase e os ratóns perden a capacidade de aprender de experiencias dolorosas e viceversa.
O estudo desvela que ambos circuitos, formados por miles de neuronas, parten da amígdala basolateral para bifurcarse a través de sinapse en partes do cerebro específicas para bos recordos e sentimentos de recompensa (o núcleo accumbens) ou dor e medo (a amígdala centromedial).
No hay comentarios:
Publicar un comentario