miércoles, 29 de abril de 2015

Descobren o organismo máis pequeno posible, nos límites da vida

  É o organismo máis pequeno xamais estudado pola Ciencia. Tanto, que os investigadores están convencidos de que se trata da forma de vida máis simple e reducida que a natureza é capaz de producir. Trátase dunha bacteria ultra pequena que foi fotografada por primeira vez a través dun microscopio electrónico por un equipo do Departamento da Enerxía do Lawrence Berkeley National Lavoratory e a Universidade de California. A posibilidade de que existisen tales organismos, que moitos consideraban imposibles, leva debatíndose máis de dúas décadas, pero ata agora non existira a tecnoloxía capaz de detectalos.

   O tamaño medio destas criaturas é de 0,009 micras cúbicas (unha micra é a millonésima parte dun metro). Caberían 150 delas nunha única célula de Escherichia coli e máis de 150.000 na punta dun cabelo humano.
   As bacterias atopáronse en mostras de augas subterráneas e os investigadores pensan que poderían ser comúns. Son tamén moi estrañas, algo lóxico se pensamos que están moi cerca, e en ocasións incluso máis alá, das principais estimacións sobre o tamaño mínimo que pode ter un ser vivo. Estas células, en efecto, son tan pequenas que casee non poden conter o material necesario para sustentar a vida. O seu xenoma, secuenciado polos investigadores, apenas consta dun millón de pares de bases.
   Estas bacterias contan no seu interior con espirais (probablemente ADN), densamente empaquetadas, cun número moi pequeno de cromosomas e con un metabolismo tan limitado que probablemente necesitan depender doutras bacterias para moitas das súas necesidades vitais. Usando unha novedosa técnica de microscopía electrónica baseada na transmisión crioxénica, os científicos conseguiron distinguir na parte externa destas criaturas numerosos apéndices, parecidos a pelos, radiando en todas as direccións desde a superficie. O equipo especula coa posibilidade de que estas estructuras permitan ás células conectarse con outros organismos para obter deles os recursos vitais que necesitan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario