viernes, 29 de mayo de 2015

Erupción do volcán Wolf


   O volcán Wolf, situado nas Illas Galápagos, entrou en erupción durante a madrugada do luns logo de ter permanecido 33 anos inactivo, pois a anterior a esta tivera lugar en 1982. Ubicado na Illa Isabela, a máis grande do arquipélago, é o volcán de maior altitude cuns 1700 m e, apenas iniciada a súa actividade, comezou a expulsar fluxos de lava que ían en dirección ao mar e columnas de cinza que, debido ao vento, podían pasar sobre a poboación de Puerto Villamil, asentada no sureste da illa. Ademais da exposición ao perigo por parte persoas, a cal era mínima para considerala un risco potencial debido á distancia que as separa do Wolf (115 km), tamén entrou en xogo a dos animais que habitan nas Galápagos, nos cales se baseou Darwin para establecer a súa teoría da evolución das especies no transcurso da súa viaxe no Beagle. Entre eles destacan as iguanas rosadas, sendo a Illa Isabela o único lugar do mundo no que habitan, en concreto nos arredores do volcán, compartindo hábitat con iguanas amarelas e coas tartarugas xigantes Chelonoidis becky.

   O día seguinte ao inicio da eupción puidose apreciar unha considerable disminución da actividade eruptiva do Wolf, pois xa non existían fluxos de lava cercanos ao mar. Ademais, descartouse que as iguanas rosadas e o resto das especies da illa continuasen en perigo, xa que se determinou que a erupción se estaba producindo polo flanco sureste do volcán, a máis de 6 km do hábitat destes animais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario