viernes, 29 de mayo de 2015

Descobren un "parque xurásico" de esponxas


   Científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO), Oceana e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) descubriron un arrecife de sílice formado por esponxas "roca", similar aos que existiron fai 150 millóns de anos e que está ameazado polos plans de búsqueda de hidrocarburos entre Valencia e Baleares. Trátase, dun arrecife de esponxas "roca" único no mundo, pois xa se cría extinto, e atopouse, concretamente, a 760 metros de profundidade rodeando a cima dunha pequena montaña submarina entre Valencia e Ibiza. As agregacións de esponxas acadan cerca de metro e medio de altitude, e estas denomínanse vulgarmente "roca" (esponxas litístidas) porque son duras e ríxidas como pedras debido a que teñen un esqueleto masivo de pezas de sílice, que é un material idéntico ao cristal dunha ventá. Ademais, a parte de tecido vivo está moi pouco desarrollada e non adoita chegar ao 5% do peso da esponxa.
   O arrecife está formado pola especie Leiodermatium pfeifferae, unha esponxa que ata o momento só se coñecía no Atlántico, desde a Macaronesia ata o Caribe, polo que é tamén o primeiro exemplo desta especie no Mediterráneo.
   Este arrecife recentemente descuberto, composto de espoxas "roca", é unha variedade aínda máis rara có atopado en 1987 a 200 metros de profundidade na costa do Pacífico canadiense, construido por esponxas hexactinellidas ("esponxas de cristal"), pois a gran maioría das especies do arrecife de esponxas "roca" extinguíronse despois do Cretácico.
   O achado realizouse por medio dun robot submarino a bordo do buque Oceana Ranger, o que permitiu filmar e recoller información das especies asociadas a este ecosistema, como outras esponxas, corais, cangrexos de profundidade, congrios, etc. Mais estas investigacións non son suficientes e a posibilidade de realizar as relativas aos aspectos funcionais deste hábitat (alimentación, reproducción, crecemento, lonxetividade,...) vese ameazada polos plans de perforación para buscar hidrocarburos no Mar Balear, xa que o arrecife resultaría seriamente danado. Ante o perigo de que un lugar único coma este poida ser destruido, os científicos insisten en que España aumente as zonas protexidas mariñas, para que esta se conserve e poida ser estudada.
   http://www.elmundo.es/baleares/2015/05/28/5566d9b5ca474109558b4573.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario