viernes, 20 de marzo de 2015

A "marea do século" chega a Francia


   Fai uns 2.000 anos, os caldeos observaron un fenómeno moi curioso. Decatáronse de que cada 223 lunacións completas (período que transcorre entre dúas fases iguais da Lúa) a Terra, o Sol e a Lúa se aliñaban, gardando entre eles a distancia mínima posible. Esas 223 lunacións completas equivalen a 18 anos e 11 días e é o ciclo que durante séculos se utilizou para predicir as eclipses.
   Pero non só as eclipses se rexistran con esa periocidade. Sempre, con esa mesma regularidade de 18 anos e 11 días, prodúcese outro fenómeno absolutamente extraordinario: una marea excepcionalmente elevada, tan alta que, para destacar a súa singularidade, coñécese co moi esaxerado nome de marea do século.
 
   Os cálculos dos caldeos terán ocasión de demostrar a súa precisión nas próximas horas cando, logo de que teña lugar a eclipse solar, comece a manifestarse dito fenómeno que, segundo as previsións, será visible desde hoxe ata o luns, pero que acadará o seu punto culminante mañá sábado. En Europa deixarase sentir sobre todo na costa da rexión francesa da baixa Normandía e, máis concretamente, na baía de Saint Michel, onde en cuestión de tan só unas horas, o nivel do mar subirá a un ritmo vertixinoso: a una velocidade de 3,60 metros á hora, uns 90 cm cada 15 minutos. En tan só seis horas, o nivel entre a preamar e a baixamar acadará os 14,50 metros de altura, equivalente a un edificio de catro plantas.
   A do sábado será a primeira marea do século do novo milenio. A última tivo lugar o 10 de marzo de 1997, e para contemplar a seguinte haberá que esperar ata o 3 de marzo de 2033, aínda que moitos expertos prognostican que a próxima non será tan espectacular como a deste ano, e que para volver a ver un fenómeno similar haberá que esperar ó 14 de marzo de 2051. A deste ano rozará o nivel máximo que pode acadar una marea. Para cacular a magnitude dunha, utilízase una escala que vai do 20 ao 120, e a de mañá chegará na baía de Saint Michel ós 119 puntos, un nivel realmente excepcional. Para facerse unha idea, a magnitude media dunha marea viva adoita rondar os 95 puntos.
   Para que haxa unha marea do século, débense producir, o máis próximos posibles no tempo, catro fenómenos: por un lado, ten que haber unha lúa nova ou chea, xa que as mareas máis elevadas se rexistran entre 36 e 48 horas despois da lúa nova ou chea, e hoxe, precisamente, hai lúa nova. Tamén é preciso ter un equinoccio, é dicir, que a noite e o día teñan exactamente a mesma duración, e hoxe ten lugar o equinoccio de primavera. Ademais, é necesario que a Lúa se atope na súa órbita arredor da Terra o máis preto posible desta, e iso é o que aconteceu hoxe na eclipse. E, por último, a cuarta condición, é que tamén o Sol estea o máis próximo posible á Terra, e esa condición, coñecida como perixeo solar, rexistrouse o pasado 4 de xaneiro, fai relativamente pouco, segundo indica Rafael Bachiller, director do Observatorio Astronómico Nacional.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario