viernes, 20 de marzo de 2015

Eclipse solar en Europa

   Hoxe, venres 20 de marzo, rexistrouse a primeira eclipse total de Sol de 2015, visible nas illas Feroe en Escocia, no Atlántico setentrional e nas illas Svalbard de Noruega, no océano Ártico. O norte de Europa disfrutou hoxe dunha privilexiada eclipse solar e uns poucos miles de persoas puideron observar durante un par de minutos o fenómeno completo desde o arquipélago noruego de Svalbard, mentres que as nubes empañaron parcialmente a experiencia nas illas Feroe.
 
   As Feroe, territorio autónomo danés situado no Atlántico, e as Svalbard, no océano Ártico, foron os únicos puntos do planeta desde os que se viu cómo o disco solar quedou hoxe completamente oculto pola Lúa. No arquipélago de Svalbard a eclipse puido contemplarse sen ningún impedimento grazas a que o ceo estaba libre de nubes, aínda que as temperaturas oscilaban entre os 15 e os 20 graos baixo cero.
   A atención á eclipse foi tamén grande en Escandinavia, onde a Lúa chegou ao 90% da superficie total do disco solar nalgúns puntos, aínda que a visibilidade estivo suxeita ás condicións climáticas.
   En Alemania foron tamén moitas persoas as que se sumaron á observación do ceo en actos organizados ou en espontáneas reunión nos parques, aínda que as nubes desluciron o espectáculo no seu extremo máis setentrional, onde a Lúa cubriu ata o 83% do Sol.
   Moito se especulara coa posibilidade de que durante a eclipse se rexistraran apagóns no país, e as principais empresas xestoras das redes de distribución de enerxía mostraron a súa satisfacción tras superar a proba sen problemas.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario