viernes, 6 de marzo de 2015

O "Frankenstein" que quere transplantar un corpo enteiro

  O médico italiano Sergio Canavero desata a polémica ao anunciar que, en tan só dous anos, será posible o transplante de corpo enteiro, de xeito que pacientes que padezan tetraplexia, cancro ou distrofia muscular progresiva poidan substituír o seu corpo enfermo por outro san. A idea soa totalmente descabelada e moitos dos seus compañeiros xa afirmaron que non o cren. Sen embargo, o neurocientífico italiano asegura que o último obstáculo que faltaba por salvar (a conexión da medula espiñal do doante coa do receptor) xa está superado. Para intentar explicar a conexión da medula espiñal, Canavero pon o exemplo dos plátanos, pois se os partimos pola metade cun corte limpo, poderémolos unir coma se fosen un único froito.
  O científico, director do Grupo de Neuromodulación Avanzado de Turín, presentará en xuño un proxecto para realizar un transplante do corpo enteiro na conferencia anual da Academia Americana de Cirurxáns Neurolóxicos e Ortopédicos de Annapolis (Maryland, EE.UU.). Segundo el, tal operación é completamente factible cos avances médicos que xa existen na actualidade.
  "O risco de que o receptor dun órgano o rexeite, agora pódese solucionar con medicamentos, e nos transplantes de cara e mans realizados, só nun caso hobo que retirar unha man transplantada por rexeitamento, sendo isto por unha razón psicolóxica". Con isto, Canavero explica que, nos casos de transplante de corpo enteiro, o paciente deberá empregar unha especie de máquina de realidade virtual durante os tres meses previos á operación, co que se verá cun corpo similar ao que vai ter, de forma que non experimente rexeitamento psicolóxico.
  A operación durará unha 36 horas e precisaránse entre 100 e 150 profesionais para levala a cabo. Tras a intervención, o paciente manterase en coma durante tres ou catro semanas para evitar o movemento, aínda que se lle implantarán electrodos que estimularán eléctricamente a medula espiñal para fortalecer as conexións nerviosas. Logo, terá que someterse a fisioterapia para recuperar a movilidade, e nun ano estará totalmente recuperado.
  Moitas persoas xa se ofreceron para realizar esta operación (tetrapléxicos enfermos de cancro, persoas con distrofia muscular e incluso transexuais), e o custo de desta pode ascender a uns dez millóns de euros. Polo de agora, o que Canavero busca é un país no que poder levar a cabo unha operación tan innovadora, decantándose por EE.UU., China ou India, cuxos investigadores xa se ofreceron a colaborar no proxecto.
  http://www.elmundo.es/salud/2015/02/27/54ef70d2268e3ede078b456c.html
  http://www.elmundo.es/salud/2015/02/27/54ef8a0fca4741b0718b4579.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario