jueves, 11 de junio de 2015

O xeo e o ceo

 Arredor de medio século atrás, mentres remataba un whisky con xeo na Antártida, Claude Lorius tivo un dos seus momentos de inspiración que fan avanzar a ciencia. Ocurréuselle pensar que as burbullas de gas, atrapadan nos cubitos, podían ser os testigos máis fiables da composición do aire no momento en que se formou o xeo. A partir deste intre, a misión na Terra deste singular glaciólogo francés de 83 anos, consistiu basicamente en perforar o xeo para estudar as burbullas de aire acumuladas nas capas máis profundas, analizar as trazas de dióxido de carbono e de metano e reconstruir así a evolución do clima durante milenios. As máis de 20 viaxes de Claude Lorius ós xeos da Antártida foron ao mesmo tempo periplos de ida e volta no tempo, para chegar a unha irrebatible conclusión: o home desregulou a máquina do mundo e está contribuindo dun modo alarmante ao cambio climático.

   Lorius é agora o protagonista da película "O xeo e o ceo", e nela, Luc Jacquet, o director da mesma, aborda o cambio climático desde un punto de vista humano, sendo a vida de Claude a súa mensaxe. Ademais, as imaxes tomadas polo propio Lorius na súa primeira expedición á Antártida en 1956 chegaron ás mans de Jacquet, polo que a historia foise contando desde aí por si mesma, como un iglú de xeo construido durante case sesenta anos. Ou máis ben, cavado hacia abaixo, na busca deses estratos cada vez máis profundos con datos sobre a evolución climática nos últimos 8oo milenios.
   O xeo atesoura o secreto do tempo, e nesa odisea paralela que foi a rodaxe do filme, os dous aventureiros franceses constataron na superficie os efectos: ata fai dous ou tres anos non había choiva en moitas partes da Antártida. Pero o aumento das temperaturas orixinou os trebóns, e os pitos dos pingüinos están sufrindo, xa que non están adaptados a ese clima.
   Con isto, o que Jacquet nos ofrece é a oportunidade de coñecer a historia de Lorius, xa que considera que é algo que merece a pena ser contado, e asegura que sería un gran éxito se ademais disto conseguisen concenciar á xente e provocar a acción dos que teñen o poder para facelo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario